Escribir en galego, ou sobre o galego, no día das letras galegas non ten nada de orixinal, pero é que eu non son un tipo orixinal. Poida que sexa un chisco raro, segundo me teñen dito unhas cantas veces, pero non orixinal.
A cousa é que, como xa vos teredes decatado aínda que non me coñezades, eu son galego. E ademáis de galego son bilingüe, ou por tal me teño. Non adoito falar galego a cotío, senón castelán, o que non quere dicir que non coñeza e aprecie tanto a lingua de Rosalía como a de Cervantes, como din os cursis. Son as miñas linguas, as dúas por igual. Nin me teño por menos español por falar galego, nin por menos galego por falar castelán.
E velaí precisamente o motivo desta entrada. Eu son galego, e son español. Non son castelán nin portugués, e o digo con todo respeto á xente de Castela e Portugal. Houbo un tempo en que ós galegos nos dicían que debiamos falar castelán, que falar galego era de xente inculta. Eses tempos quedaron atrás, pero agora veñen outros a dicirnos que debemos falar portugués, que ésa é a vedadeira lingua de Galicia e que o que eu chamo galego é unha lingua "impura" ou contaminada polo castelán.
Penso que ninguén negará que o galego e o portugués son linguas irmás. Tanto é así que os especialistas din que non son dúas linguas distintas, senon dialectos da mesma lingua. Doutores ten a Igrexa, e non hei ser eu quen discuta cos filólogos. Pero se o galego é un dialecto, é o meu dialecto e non o considero nin teño por qué consideralo menos válido, nobre ou fermoso que o dialecto portugués. Non acepto que falar castelán ou portugués sexa "falar ben" e falar galego sexa "falar mal".
Para ben e para mal, gústenos ou non, a historia de Galicia é a que é. E como consecuencia, a nosa lingua tamén é a que é. A que falaban os meus avós. A que penso seguir falando eu.
Entre Línguas ;) http://www.youtube.com/watch?v=TvAhmndtOAA
ResponderEliminarAbraço
Anxo.
Gracias polo enlace, Anxo. Hai alguún tempo que vin na tele esta reportaxe, que está moi ben, pero o que eu digo non vai por ahí. O que digo é que o galego non é menos correcto que o portugués, como o castelán de América non é menos correcto que o de Castela. Non vexo por qué hai que "reintegrar" nada. Se non esperamos que os andaluces falen igual que os aragoneses, ¿por qué os galegos iamos falar coma os portugueses? A miña lingua é o galego, non o portugués.
ResponderEliminarUnha aperta para tí tamén. :)